
O PAE continúa e amplía o proxecto iniciado no Servizo de Primeiros Auxilios Emocionais que ASEIA desenvolveu co inicio da pandemia pola COVID-19, tomando forma de servizo de atención permanente. Trátase dun servizo de primeiro recurso onde se proporciona un contexto de acompañamento profesional, no que a persoa demandante poida pór en coñecemento a súa problemática emocional co obxectivo final de recibir unha axuda adaptada ás súas necesidades, a través dun proceso de contención, orientación e derivación. Para porse en contacto co PAE pódese facer deixando unha mensaxe de voz no teléfono 622.245.545, indicándonos o nome e teléfono de contacto. Tamén se pode facer enviando un whatsapp a este mismo teléfono ou un e-mail a aseia.galicia@gmail.com. O servizo funciona de luns a venres e darase resposta nun máximo de 24 horas.
Coñece máis sobre Aseia Galicia
SUBSCRÍBETE. ENVÍANOS O TEU EMAIL PARA INFORMARTE DAS NOSAS ACTIVIDADES.

Os nosos compañeiros Vanessa Rodríguez e Ricardo Fandiño firman o artigo que leva por título «Sexualidades e Adolescencias: Transformacións na era dixital», publicado no Anuario nº13 de Psicoloxía e Saúde da Revista Oficial do COPG.
A Revista ten como fío condutor nesta edición, os 7 pecados capitais. Os nosos compañeiros, centran o seu artigo na Luxuria, cunha análise dos estudos

I Xornada Colaborativa organizada por Aseia e ADP-CETs para o vindeiro 5 de decembro en formato on-line: «DE QUÉ FALAMOS CANDO FALAMOS DE INTERVENCIÓN EN CONTEXTOS EDUCATIVO- TERAPÉUTICOS»
Aseia e a ADP-CAETs (Asociación para el desarrollo de la psicoterapia en contextos educativo terapéuticos sociales) organizan esta xornada na que participan varios membros da

RESUMO DAS VII XORNADAS DE ASEIA: «Infancias e adolescencias Hoxe: Historias de Vida”, celebradas en Vigo os días 02 e 03 de outubro de 2020
Os pasados 02 e 03 de outubro celebráronse en Vigo as VII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia que organizou ASEIA baixo o título “Infancias e Adolescencias Hoxe: Historias de Vida”. A organización destas xornadas contou coa colaboración do Concello de Vigo, Deputación Provincial de Pontevedra, Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e Fundación Orienta. Pola súa banda o Instituto Wilhelm Reich-Europa encargouse do asesoramento técnico das xornadas. As medidas sanitarias por mor da actual situación de pandemia levaron a que as xornadas tivesen que aprazarse desde o mes de abril ata outubro, para desenvolverse finalmente nun formato mixto, presencial e online, que facilitou a participación do maior número de relatores e asistentes posibles, ata un número de 80. Un ano máis as Xornadas de ASEIA pecháronse cun bo sabor de boca para organizadores, relatores e asistentes, tanto pola calidade das intervencións como polo cálido dos encontros, especialmente valiosos nestes tempos de pandemia. Agradecervos a todos e todas a vosa particicpación e compromiso para que finalmente estas xornadas puideran celebrarse. Quedamos emprazados para a VIII edición deste encontro. Aquí vos deixamos alguhnas das instantáneas da VII Xornada: