«A educación sexual como factor de cambio persoal e social» ASEIA e Sogasex organizan unha xornada formativa para o vindeiro mes de outubro.

Comparte

ASEIA e Sogasex (Sociedade Galega de Sexoloxía), no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas entidades recentemente, organizan unha xornada formativa sobre sexualidade que terá lugar o venres 4 de outubro na sede do Instituto Wilhelm Reich en Vigo. Os formadores serán os nosos compañeiros, Ricardo Fandiño Pascual, psicólogo clínico, psicoterapeuta e presidente de ASEIA, e Vanessa Rodríguez Pousada, psicóloga e psicopedagoga. O prazo de inscrición xa está aberto, anímate!

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad