Ao longo do primeiro trimeste do curso 2017/2018 ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e a Adolescencia) coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense puxo en marcha o programa «A Mirada do Outro» para a Prevención do Acoso Escolar traballando con 114 nenas e nenos.
Para este curso contamos novamente co finanzamento da Deputación de Ourense para dar continuidade ao traballo realizado e poder achegar o programa a novos colexios da provincia.
«A Mirada do Outro» esta dirixida a nenas e nenos do último ciclo de educación primaria co obxetivo de favorecer o desenvolvemento de capacidades individuais e grupais que minimicen o risco de aparición de conductas de acoso ou maltrato entre iguais.