A MIRADA DO OUTRO

Programa A MIRADA DO OUTRO de sensibilización e prevención do acoso escolar

Cando falamos de “acoso escolar” o “bullying” referímonos
á situación na que un ou máis alumnos/as perseguen e
intimidan a outro ou outra –vítima- a través de insultos,
rumores, vexacións, illamento social, alcumes, agresións
físicas, ameazas e coaccións… puidendo alongarse
durante meses ou anos, sendo as súas consecuencias
dorosas e moitas veces moi graves, sobre todo para a
vítima, pero tamén para os espectadores e para o propio
agresor ou agresora.

Esta acción, negativa e intencionada, sitúa ás vítimas en
posición da que dificilmente poden saír polos seus propios
medios; provoca nas vítimas efectos claramente negativos: descenso na súa autoestima, estados de ansiedade
e incluso cadros depresivos, o que dificulta a súa
integración no medio escolar e o desenvolvemento normal
dos aprendizaxes.

Por todos estes motivos, parece relevante comezar por
intervir na escola cunha intención preventiva na adolescencia temperá, para dun xeito dinámico abordar os
conflictos estructurais do menor como suxeito de violencia da realidade actual e síntoma que proxecta no outro o
malestar.

A quen vai dirixido

O Programa “A MIRADA DO OUTRO” de sensibilización e prevención do acoso escolar está deseñado  para ser desenvolto principalmente co alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria, concretamente cos estudantes de 5º e 6º curso.

Obxetivos

  • Sensibilizar ao alumnado acerca das situacións relacionais de violencia na aula.
  • Entrenar habilidades persoais de autorregulación emocional e competencias de interacción social.
  • Adquirir competencias de xestión de conflitos

Bloques temáticos:

  • violencia e agresividade
  • acoso escolar e ciberacoso
  • autoconcepto e autoestima
  • intelixencia emocional, a educación en valores
    habilidades sociais
  • xestión de conflitos no ámbito escolar.

Obxectivos de traballo:

A metodoloxía será participativa e dinámica, partirase dos intereses dos menores, para elaborar un traballo reflexivo individual para xerar un cambio no grupal; serán suxeitos activos de aprendizaxe e cambio.

Equipo humano:
A Mirada do Outro conta con persoal formado en diferentes ámbitos profesionais, como a Psicoloxía, a Educación Social e o Traballo Social. Especializados/as no traballo na infancia e adolescencia.

Programa A Mirada do Outro
A Mirada do Outro

A Mirada do Outro 2018

Para este curso contamos novamente co finanzamento da Deputación de Ourense para dar continuidade ao traballo realizado e poder achegar o programa a novos colexios da provincia.

Ler Máis >>
Programa A Mirada do Outro

Programa A Mirada do Outro 2017

Durante o primeiro trimestre do curso 2017/2018 ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e na Adolescencia), coa colaboración da Deputación provincial de Ourense puxo en marcha o programa «A Mirada do Outro» de Prevención do Acoso Escolar, traballando con 114 nenos/as.

Ler Máis >>
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad