Programa ADOLESCENCIA POSITIVA: Unha cuestión familiar
A quen vai dirixido
ASEIA deseñou o programa “ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos para Nais e Pais e Adolescentes”, co fin de ofrecer un espazo próximo onde poder formular e xestionar as dificultades, motivacións e intereses arredor do seu proxecto de construción de familia, da relación cos pais/ fillos, do seu momento vital, etc.
Consta de dous tipos diferentes de actividades:
- Actividades con grupos de Pais e Nais
- Actividades con grupos de pre-adolescentes/adolescentes
Actividades con Pais/Nais
O concepto de familia foi cambiando ó longo do tempo, adaptándose ós cambios sociais, culturais, económicos, demográficos. O papel dos pais evolucionou ata o punto actual, onde os roles de xénero e os estilos e figuras educativas están en transformación.
Fenómenos como as novas tecnoloxías, procesos de migración, desemprego, escasede de recursos, incorporación das mulleres ó mercado de traballo, separación dos pais…, provocan cambios nas estruturas familiares e dinámicas que é preciso ter en conta.
Para que unha familia evolucione no sentido de recoñecerse a sí mesma e desenvolver a capacidade de decidir sobre o que lle toca vivir, precisa ter en conta a súa historia, orixe, evolución, organización de relacións e roles dos membros, con atención especial á parella parental e figuras de autoridade para que poidan exercer adecuadamente as súas funcións.
A evolución persoal saudable dos membros debe ser obxectivo central da familia, incluíndo:
- A saúde emocional.
- A maduración psicolóxica e o desenvolvemento persoal.
- A transmisión de valores e cultura.
- A socialización e adaptación ó ambiente. Formación e desenvolvemento profesional.
Actividades con pre/adolescentes
É indiscutible a gran importancia que ten a saúde, e o benestar en xeral da poboación, e da adolescencia en particular. A construción cultural chamada adolescencia, é produto dunha interacción entre as condicións psicosociais e as imaxes culturais que unha sociedade elabora en cada momento histórico. De aí a importancia de contextualizar en cada momento histórico as formas de ser adolescente.
Na adolescencia, os referentes válidos durante a infancia xa non serven, polo que o adolescente trata de atopar un novo marco de referencia para o desenvolvemento dos seus valores, actitudes e crenzas, normalmente dentro do grupo de iguais que se converte o seu soporte afectivo e protector.
A construción da identidade, se concreta na conduta a través da experimentación, característica central nesta etapa do desenvolvemento. É neste momento tamén no que aparece unha gran permeabilidade ás influencias do entorno. Este aspecto pode ser moi positivo, debido a que o adolescente se atopa en pleno proceso de conformación do seu sentido crítico, pero tamén pode dificultar a construción da identidade debido ós estereotipos culturais, e ás mensaxes que chegan dos medios de comunicación.
Os programas para adolescentes deben realizarse analizando os cambios socioeconómicos e demográficos que se están producindo na nosa sociedade. Ó acceso ás enormes posibilidades de información e de relación a través das denominadas novas tecnoloxías fan que os adolescentes se atopen rodeados de numerosos estímulos que en moitas ocasións non son capaces de xestionar e integrar por si sós. Todo isto fai que o rol dos adolescentes e as súas estruturas de relación (tanto cos iguais, como coa propia familia ou a sociedade en xeral) se atopen en constante transformación.
ASEIA, a través do programa “ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Actividades con adolescentes” preténdese axudar ós/as adolescentes no desenvolvemento dos seus valores, actitudes e crenzas, así como na construcción da súa nova identidade, alonxada da infancia, e na que se establecen novos patróns de relación tanto cos/as adultos/as como cos/as iguais e o entorno social.
Programa Adolescencia positiva con adolescentes
ASEIA, a través do programa «ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos con Adolescentes «, ofrece a adolescentes que cursan estudios en secundaria, un espazo próximo onde poder formular e xestionar as dificultades, motivacións e intereses arredor do seu propio proceso de desenvolvemento, de construción da súa identidade e de relación cos seus iguais, as súas familias e o seu entorno.
Programa Adolescencia Positiva con pais e nais
ASEIA, a través do programa «ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR» ofrece ás nais e pais de pre-adolescentes e adolescentes que cursan estudios nos dous últimos anos de primaria ou en secundaria, un espazo próximo onde poder formular e xestionar as dificultades, motivacións e intereses arredor do seu proxecto de construción de familia e da relación cos seus fillos.
Obxetivos con pais/nais
- Promover o desenvolvemento das competencias parentais, para unha evolución saudable da familia e dos seus membros.
- Dotar as familias de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar o desenvolvemento dos fillos dende unha maior seguiridade.
- Xerar espacios de encontró e confianza onde os país podan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses na vivencia parental.
- Informar ós pais sobre temas de actualidade nas relación familiares onde hai nenos e adolescentes (novas tecnoloxías, conductas adictivas, prevención da violencia, sexualidade…), favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade.
Obxetivos con adolescentes
- Dotar ós/ás adolescentes de ferramentas que lles permitan abordar as súas relacións con maior seguridade.
- Xerar espazos onde os/as adolescentes podan compartir e reflexionar sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses no seu momento de crise vital que supón a adolescencia.
- Informar ós/ás adolescentes sobre temas de actualidade favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade.
Actividades e metodoloxía
As actividades que se desenvolven neste programa xiran en torno a catro bloques temáticos que consideramos fundamentais e que son:
- A influencia das Novas Tecnoloxías (N.T.) no desenvolvemento da infancia e a adolescencia, e a súa influencia nas relación familiares.
- Condutas Aditivas (C.A.): Vellos medos e novas formas.
- A importancia da Educación Afectivo Sexual (E.A.S.) no desenvolvemento dunha identidade saudable.
- Prevención da Violencia (P.V.) e as súas manifestacións: Bullyng, Violencia de Xénero, Violencia Filio-Parental, etc
METODOLOXÍA
A premisa da que se parte como guía metodolóxica deste proxecto é a de xerar espacios de encontro e confianza tanto para os/as adolescentes, como para os pais e nais, onde podan realizar un intercambio de experiencias, vivencias, aprendizaxes e problemáticas, e traballar xuntos nas posibles solucións.
Deste xeito, a metodoloxía de ensino-aprendizaxe será totalmente participativa: Utilizaránse medios de apoio para a reproducción de imáxenes, power-point, breves fragmentos de películas, co obxectivo de facilitar o proceso de aprendizaxe e intercambio de impresións; Entregarase material formativo accesible, para seguir o contido das sesións, facilitando asimesmo datos acerca de fontes de información de calidade en cada un dos temas abordados; Realizaránse dinámicas grupais que favorezan a acción-participación, etc.
O persoal que imparta cada acción formativa contará con alta preparación nos contidos a desenvolver, en xestión de grupos, e en habilidades pedagóxicas.