Programa ALENTO de Atención de Día para Adolescentes en Proceso de Inclusión Social
A quen vai dirixido
Criterios acceso:
- Idades comprendidas entre 16 e 22 anos
- Situación de desemprego.
- Escasa ou nula formación e/ ou capacitación sociolaboral.
- Problemática a nivel socioeconómico.
- Problemática de saúde mental.
- Discapacidade intelectual.
- Problemas de conduta no ámbito familiar.
Obxetivos
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Facilitar a adquisición das ferramentas necesarias (coñecementos, destrezas, habilidades,…) para que os mozos/as poidan integrarse no medio social e no mercado laboral.
- Facilitar un espazo profesional e de contención que favoreza a vivencia dun proceso de socialización axeitado.
- Facilitar e supervisar a posta en práctica no entorno cotián das ferramentas adquiridas.
- Deseñar tarefas formativas e lúdico-educativas que fomenten as relacións interpersonais saudables.
- Fomentar o establecemento de relacións interpersonais saudables mediante o deseño de tarefas formativas e lúdico-educativas.
- Asesorar ás familias acerca do proceso de inclusión social do/a mozo/a, dotándoos de coñecementos e habilidades que favorezan dito proceso.
Accións formativas
Os/as mozos/as que acceden a este Programa de Inclusión e Transición ao emprego teñen ao seu alcance:
- Un programa de Inserción Socio-Laboral que orienta e facilita recursos para acceder a contextos de inclusión e integración social e laboral, tendo sempre en conta as características propias do/a mozo/a.
- Un programa de Apoio Psicolóxico que lle facilita un espazo individual e/ou grupal onde traballar aqueles aspectos intrapsíquicos e interpersoais necesarios no seu proceso de maduración persoal.
- Un programa de Acompañamento Educativo-Terapéutico, que permite contar cun referente educativo de apoio persoal, tanto para as problemáticas da vida cotiá como para as dificultades relacionais, moi frecuentes en mozos/as carentes de referentes adultos válidos.
- Un programa de Mediación e Xestión de Conflitos, onde se incorporan e poñen en práctica as habilidades necesarias para facer do conflito interpersonal un elemento de aprendizaxe e crecemento persoal.
Programa Alento 2019
O progama “ALENTO“ de Atención de Día para Mozos e Mozas en proceso de inclusión social está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxetivo temático “promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.
Programa Alento 2016
O «Programa ALENTO» de Atención de Dia para Menores en situación de Exclusión Social, que desenvolve ASEIA, recibiu o apoio novamente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inslucións social
Programa Alento 2015
O «Programa ALENTO» de Atención de Dia para Menores en situación de Exclusión Social, que desenvolve ASEIA, recibiu o apoio da Área de Benestar do Concello de Ourense a través da súa Convocatoria de Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de Benestar Social do Concello de Ourense.
Programa Alento 2014
O «Programa ALENTO» de Atención de Dia para Menores en situación de Exclusión Social, que desenvolve ASEIA, recibiu o apoio da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia a través da súa Convocatoria de Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social.