ASEIA no proxecto “Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención social prioritaria”

Comparte

Colaboración de ASEIA no proxecto de investigación “Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención social prioritaria” (CIDEC). Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia e polos fondos FEDER da UE e conta cun prazo de execución dun ano (finais de 2014-2015). O seu obxectivo é mellorar a forma en que son representados determinados grupos sociais vulnerables (mulleres, persoas con discapacidades, migrantes e xuventude), para que se respecten os seus dereitos e intereses.

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad