Lembrámosvos que os vindeiros días 2 e 3 de outubro de 2020 ASEIA celebrará as VII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia baixo o título «Infancia e a Adolescencia Hoxe: Historias de Vida» en Vigo. As circustancias sanitarias obrigan a limitar as prazas presenciais, que xa están completas. Por isto, dase a posibilidade de asistir ás Xornadas en formato on-line a través dunha inscrición de custo máis reducido.
Informamos que o programa sufriu unha lixeira modificación, co obxectivo de adaptarnos ás medidas sanitarias impostas pola situación de pandemia, polo que, entre outras, os asientos serán nominais en todas as actividades, a distancia de seguridade estará ampliamente garantizada e as salas serán ventiladas durante os descansos.
«Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade».