ASEIA celebra eleccións a Xunta Directiva. Despois de 3 anos, Aseia vota nova Xunta Directiva, producíndose unha renovación dos/as seus membros/as.
Dende o mes de decembro de 2021, Aseia renova a súa Xunta Directiva. Deste xeito, os/as socios e socias da entidade escolleron a lista encabezada por Conchi Estévez, que foi nomeada nova Presidenta da asociación. Ricardo Fandiño será o Coordinador Xeral de Programas, Natalia Fernández é a Secretaria e Vanessa Rodríguez continúa como Tesoreira.