Vémonos na obriga de comunicar o aprazamento das VII Xornadas de ASEIA que estaban programadas para os días 24 e 25 de abril de 2020. A pandemia polo cononavirus COVID 19, as medidas administrativas que se están levando a cabo, e a situación social en xeral, fan recomendable este aprazamento á espera de que se den as condicións para concretar unha nova data que comunicaremos proximamente. Lamentamos os inconvenientes que esta decisión pode xerar.
Desexamos que a situación xeral mellore polo ben de todas e todos, e que podamos atoparnos o antes posible para compartir coñecemento e reflexionar sobre a saúde emocional na infancia e adolescencia, que tamén verase afectada polas circunstancias actuais.
Un cordial saúdo.
Xunta Directiva ASEIA