Programa CONVIVE de acompañamento parental

O concepto de familia, históricamente foi cambiando, ata adaptarse a novas situacións e retos que a sociedade ven presentando ó longo dos séculos, como foron e son, máis que nunca, o demográfico, económico, social e cultural. O papel dos pais/nais evolucionou ata o punto actual, onde os roles de xénero e os estilos e figuras educativas están en transformación.

Neste senso, a familia está en constante revisión de si mesma. Fenómenos como as novas tecnoloxías, procesos de migración, desemprego, escaseza de recursos, a incorporación das mulleres ó mercado de traballo, …, provocan cambios nas estruturas familiares e dinámicas que é preciso ter en conta.

Para que unha familia evolucione no sentido de recoñecerse a sí mesma e desenvolver a capacidade de decidir sobre o que lle toca vivir, precisa contar coa súa historia, orixe, evolución, organización de relacións e roles dos membros, con atención especial á parella parental e figuras de autoridade para que poidan exercer adecuadamente as súas funcións.

A evolución persoal saudable dos membros debe ser obxectivo central da familia, incluíndo:

  • A saúde emocional.
  • A maduración psicolóxica e de desenvolvemento persoal.
  • A transmisión de valores e cultura.
  • A socialización e adaptación ó ambiente. Formación e desenvolvemento profesional.

Con tal interese programaranse accións formativas nas que se tratarán, entre outras, as seguintes temáticas como centros de interese:

  • A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento da infancia e a adolescencia, e a súa influencia nas relación familiares.
  • A importancia da educación afectivo sexual no desenvolvemento dunha identidade saudable.
  • Conductas adictivas: Vellos medos e novas formas
  • Prevención da violencia e as súas manifestacións: Bullyng, Violencia de Xénero, Violencia Filio-Parental.

En estas accións, ademais da impartición de contidos, se pretende xerar espacios de encontró e confianza onde os país podan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses na vivencia parental.

Obxetivos

  1. Promover o desenvolvemento das competencias parentais, para unha evolución saudable da familia e dos seus membros.
  2. Dotar as familias de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar o desenvolvemento dos fillos dende unha maior seguridade.
  3. Xerar espacios de encontro e confianza onde os pais/nais poidan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses na vivencia parental.
  4. Informar ós país sobre temas de actualidade nas relación familiares onde hai nenos e adolescentes (novas tecnoloxías, conductas adictivas, prevención da violencia, sexualidade…), favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade.
Programa Convive
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad