O pasado sábado 27 de xullo, Ricardo Fandiño Pascual presidente de ASEIA, foi entrevistado pola Radio Galega no Programa «Galicia por diante fin de semana», na que reflexionou e arrouxou datos moi interesantes sobre o fenómeno da violencia sexual xuvenil, así como as causas, o perfil e o tratamento dos agresores sexuais menores de idade. Todas elas, cuestións que están de actualidade nestes tempos de crise social e de valores nos que nos atopamos. Se queres escoitar esta estupenda entrevista fai clic no seguinte enlace (a partir do minuto 8:30):