I Xornadas: Patoloxía Límite na Personalidade dos Adolescentes
O 31 de Maio de 2014, organizado por ASEIA, se celebrou en Ourense a “Xornada sobre Patoloxía Límite na Adolescencia”.
A xornada desenvolveuse no Centro Cultural Marcos Valcarcel e contou co apoio na súa organización da Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, a Concellaría de Turismo de Ourense, o Instituto Wilhelm Reich Europa e Trébore S.L.
A xornada contou coa presenza de 78 profesionais de diferentes perfís: psiquiatras, psicólogos, educadores sociais, traballadores sociais, mestres, xuíces de menores.
As patoloxías límite na personalidade diagnostícanse xeralmente ao inicio da idade adulta, pero xa hai rasgos que son evidentes na adolescencia e pódense observar indicadores de patoloxía límite na infancia. Trátase de problemáticas complexas na súa detección e comprensión así como no seu manexo, con implicacións persoais, familiares e sociais. As patoloxías límite na adolescencia teñen un impacto social crecente que se manifesta en diferentes eidos, con
especial presenza nos servizos de saúde mental infanto-xuvenil así como nos servizos de atención a menores. Algunhas das súas manifestacións máis visibles, son o incremento dos suicidios na adolescencia, as condutas aditivas, ou a violencia filio-parental.
A Xornada de Patoloxía Límite na Personalidade dos Adolescentes foi acreditada como Actividade de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.