Dende Aseia queremos agradecer a Mandala (Centro de Crecemento e Benestar en Ourense) a súa aportación no «Día Mundial do Yoga». Mandala Ourense organizou neste día diferentes obradoiros, dirixidos a nenos e nenas e tamén a adultos, cuxa recadación foi doada integramente á nosa asociación. Reiteramos o noso agradecemento por habernos escollido e esperamos poder continuar colaborando con vós no futuro.