Programa A Mirada do Outro 2017

Comparte

Durante o primeiro trimestre do curso 2017/2018 ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e na Adolescencia), coa colaboración da Deputación provincial de Ourense puxo en marcha o programa «A Mirada do Outro» de Prevención do Acoso Escolar, traballando con 114 nenos/as.

«A Mirada do Outro» está dirixido a nenas e nenos do último ciclo de educación primaria co obxetivo de favorecer o desenvolvemento de capacidades individuais e grupais que minimicen o risco de aparición de conductas de acoso ou maltrato entre iguais. En concreto o programa céntrase no desenvolvemento da empatía a través de procesos nos que o grupo de nenas e nenos aprenden a sentir o que lles sucede e expresalo, pero tamén a percibir o que lles pasa aos seus compañeiros e escoitalos. Foméntase a través do respeito á diferenza e estimúlase pola diversidade.

As preocupacións que manifestaron nenas e nenos de 5º e 6º ano de Primaria da Provincia de Ourense foron diferentes. Os maiores amosáronse máis preocupados pola posibilidade de sufrir acoso no instituto, centrando a súa atención no dolo infantil e no desexo de procurar puntos de equilibro entre eles/as como rito de paso ao instituto. Os máis pequenos céntranse na diferenza, teñen como punto de partida os cambios que se aproximan en relación ao seu ciclo vital. Foi de interese evidenciar como expresaron o desexo de contar con espazos de diálogo e reflexión para poder resolver conflictos, compartir os seus medos e resolver dúbidas.

O programa desenvolto por profesionais da psicoloxía e a educación social con anos de experiencia no traballo con novos retomará o traballo nos colexios da provincia de Ourense co obxetivo de continuar sensibilizado esta problemática.

Deja un comentario

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad