ASEIA, a través do programa «ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos con Adolescentes «, ofrece a adolescentes que cursan estudios en secundaria, un espazo próximo onde poder formular e xestionar as dificultades, motivacións e intereses arredor do seu propio proceso de desenvolvemento, de construción da súa identidade e de relación cos seus iguais, as súas familias e o seu entorno.
Este proxecto está financiado pola Deputación de Ourense a través do seu programa de subvencións para entidades prestadoras de servizos sociais.
ACCIÓNS FORMATIVAS
O programa «ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos para Adolescentes» consta de tres accións formativas:
- A importancia da educación afectivo sexual no desenvolvemento dunha identidade saudable (identidade real/identidade virtual e os novos tipos de relacións).
- Condutas aditivas: Vellos medos e novas formas (as redes sociais).
- Prevención da violencia e as súas manifestacións (ciberbullying, acoso virtual, sexting, etc.).
OBXECTIVOS
- Promover o desenvolvemento das competencias precisas, para unha evolución saudable do adolescente.
- Dotar ós adolescentes de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar a súas relacións cunha maior seguridade.
- Xerar espazos de encontro e confianza onde os adolescentes podan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses.
- Informar ós adolescentes sobre temas de actualidade (novas tecnoloxías, condutas aditivas, prevención da violencia, sexualidade …), favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade.