Programa Adolescencia Positiva con pais e nais

Comparte

ASEIA, a través do programa «ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR» ofrece ás nais e pais de pre-adolescentes e adolescentes que cursan estudios nos dous últimos anos de primaria ou en secundaria, un espazo próximo onde poder formular e xestionar as dificultades, motivacións e intereses arredor do seu proxecto de construción de familia e da relación cos seus fillos.

Este proxecto está financiado pola Deputación de Ourense a través do seu programa de subvencións para entidades prestadoras de servizos sociais.

ACCIÓNS FORMATIVAS

O programa «ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR. Encontros formativos para Nais e Pais de Pre-Adolescentes e Adolescentes» consta de catro accións formativas:

  • A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento da infancia e a adolescencia, e a súa influencia nas relación familiares.
  • Condutas aditivas: Vellos medos e novas formas
  • A importancia da educación afectivo sexual no desenvolvemento dunha identidade saudable.
  • Prevención da violencia e as súas manifestacións: Bullyng, Violencia de Xénero, Violencia Filio-Parental

OBXECTIVOS

  • Promover o desenvolvemento das competencias parentais, para unha evolución saudable da familia e dos seus membros.
  • Dotar as familias de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar o desenvolvemento dos fillos con maior seguridade.
  • Xerar espazos de encontro e confianza onde os país podan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses na vivencia parental.
  • Informar ós país sobre temas de actualidade nas relacións familiares onde hai nenos e adolescentes (novas tecnoloxías, condutas aditivas, sexualidade,prevención da violencia, …), favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade.
Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad