O progama “ALENTO“ de Atención de Día para Mozos e Mozas en proceso de inclusión social está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxetivo temático “promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”. Este, presenta unha programación que intenta cubrir as necesidades dos mozos e mozas, a través dunha intervención individualizada, dende unha perspectiva individual, grupal, familiar e sociocomunitaria onde se potencia o desenvolvemento da inserción sociolaboral002E.
O obxectivo fundamental do programa consiste en mellorar a empregabilidade e favorecer a transición entre a etapa da mocidade e a vida adulta, dotando a estes/as mozos/as de recursos para xestionar a súa vida. Para isto incluímos un Programa de Mediación e Xestión de Conflitos, un Programa de Intervención Terapéutica que inclúe apoio psicolóxico e acompañamento terapéutico durante todo o proceso de inserción.
Os resultados esperados son:
- Dotar ao/a mozo/a en conflito social, e cando haxa lugar ás súas familias, dos recursos necesarios para favorecer a súa integración social e laboral.
- Dotar o mozo/a de coñecementos, estratexias e habilidades necesarias para emprender con garantía a busca de emprego.
- Conseguir o autocoñecemento do/a mozo/a sobre as súas capacidades e habilidades de cara á iniciación dun proxecto de vida autónomo.
- Conseguir a adaptación do/a mozo/a en cursos formativos e/ou en postos de traballo.