Dende Aseia, poñemos a disposición dos/as nosos adolescentes o Punto de Apoio Emocional, así como para as persoas coidadoras de nenos e de adolescentes. Trátase dun programa de caracter telemático, que atende demandas puntuais, co obxectivo de ofrecer apoio emocional, onde xestionar as inquedanzas e malestares derivados das vivencias persoais e/ou familiares. Podes contactar con nós no teléfono: 622.245.545, deixando unha mensaxe de voz ou un whatsApp. Tamén podes enviar un mail a: aseia.galicia@gmail.com