Resumo das actividades realizadas durante as VI Xornadas ASEIA Parentalidades contemporáneas: un proxecto de futuro

Comparte

A continuación un resumo das actividades realizadas durante as xornadas e imaxes das diferentres sesións.

Xornada do 22 de marzo

Ricardo Fandiño, psicólogo clínico, especialista en adolescencia e presidente de ASEIA e Vanessa Rodríguez; psicóloga e psicopedagoga; membro da directiva de ASEIA e da Sociedade Galega de Sexoloxía ; levaron a cabo o obradoiro : » A educación sexual das/os fillas/os. Verbas, silencios, actitudes, tópicos e cambio de paradigma».

Acollidas/os, contidas/os, sostidas/os no obradoiro de Conchi Estévez, aprendendo de masaxe infantil e da comunicación nos primeiros anos de vida.
“Aprendendo de comunicación non verbal, tacto nutritivo e vínculos seguros”

Xornada do 23 de Marzo

Comezo do día central das VI Xornadas de ASEIA coa presentación das nosas compañeiras Vanessa Rodríguez e Eva Gil Rodríguez ás poñencias da filósofa Carolina del Olmo «Criar sen tribo» e a de Ricardo Fandiño,o presidente de ASEIA que leva por título:»Nenos e nenas do futuro.Máis aló do espellismo parental». Estaremos moi atentas/os ó que nos teñen que dicir sobre as Parentalidades Contemporáneas.Grazas a todas e todos pola vosa asistencia!.

Carolina del Olmo, na súa poñencia «Criar sen tribo», nas VI Xornadas de ASEIA, reflexiona sobre a necesidade de cambios sociais que permitan as maternidades contemporáneas unha experiencia de colectividade nos coidados ,resocializando a maternidade; facendo frente deste xeito a «desafiliación» que produce a hipermodernidade no seu proceso de disolución de redes.

Ricardo Fandiño fixo un percorrido sobre a función paterna e materna na súa poñencia «As nenas e os nenos do futuro. Máis aló do espellismo parental». ¿Que é ser bo pai?, ¿Que é ser boa nai?. A parentalidade posta ó servicio dos ideais de realización persoal ,xurdindo «a/o filla/o» como producto ,sendo este o referente de normalidade e facéndoselle difícil deste xeito o proceso de identificación ás/ós nenas/os. Reivindica Ricardo Fandiño a educación emocional dende o experiencial e o mundo adulto, no que o corpo e a palabra esté presente.

A mañá do sábado rematou coas intervencións de Joan de la Cruz e súa exposición sobre «A construcción da maternidade e paternidade actual: os grupos de crecemento emocional-vivencial de nais e país» e Paloma Fernández Rasines sobre «Coparentalidade e novas masculinidades». A presentación correu a cargo da nosa compañeira Karina Bacelar Pereira, Psicóloga Clínica.

Sarai Gómez Molina, psicóloga e membro de ASEIA, presenta a primeira mesa da tarde na que se segue a reflexionar sobre parentalidades contemporáneas. Ten a palabra Cristina Martínez, psicóloga sanitaria e coordinadora de ASEIA en Vigo que expón a súa poñencia sobre «A función de acompañar a nais e país: momentos dunha vida». A importancia de ser referentes válidos para as/os fillas/os, ofrecendo modelos de adultez dende onde poidan identificarse e construirse na súa identidade e o legado, moito máis aló do material, centrado tamén no emocional.

Antón Mouriz,coordinador da Asociación Manaia, está a falar sobre «Parentalidade Adoptiva, pero, hai diferenza?». Con esta cuestión sobre a mesa inicia a súa poñencia sobre adopción e a vivencia da parentalidade dende a perspectiva da construcción da familia adoptiva e o seu significado.

Aída Rosell, Neuropsicóloga Clínica do Servizo de Neurorreahabilitación Pediátrica no Hospital Virgen del Consuelo (Valencia), na súa intervención sobre «A importancia da familia no proceso rehabilitador». O traballo coas rapazas e rapaces vén de implicar a familia, sendo imprescindible a súa presenza na neurorrehabilitación e centrando a intervención na busca dun mesmo obxectivo: a recuperación da/o cativa/o.

Pechamos as VI Xornadas de ASEIA coa intervención de Jerónimo Bellido Pérez, psicólogo especialista en Psicoloxía Clínica e director do Instituto Wilhelm Reich Europa, coa súa ponencia «A casa, lugar do coñecemento incipiente vs a escola, lugar de integración psicoemocional». Presenta Vanessa Rodríguez Pousada, psicóloga e compañeira de ASEIA.

Remátanse as VI Xornadas de ASEIA. Emocionadas/os e agradecidas/os pola vosa participación. Vémonos nas VII Xornadas o ano que ven!

Deja un comentario

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad