Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia
Asociación especializada na atención integral en saude emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. Nace en Ourense en Marzo de 2012 motivada pola crecente preocupación dun grupo de profesionais ante a complexa realidade da infancia e adolescencia no momento que vivimos. Está formada por un equipo de traballo interdisciplinar procedentes de diferentes ramas do coñecemento tales como a Psicoloxía, Pedagoxía e Educación contando con unha experiencia no ámbito de máis de 10 anos.