O mércores 7 de xuño de 2017 publicouse no DOG. Núm 107 a declaración de utilidade pública da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia-ASEIA, inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta declaración é un recoñecemento da nosa asociación como instrumento ao servizo da sociedade para favorecer a promoción da saúde e o benestar emocional da infancia, adolescencia e as súas familias. Por este motivo leva consigo unha serie de beneficios e facilidades para poder cumplir con maior solvencia e axilidade os nosos fins:
1. Usar a mención “Declarada de Utilidade Pública” en toda clase de documentos.
2. Disfrutar das exenciones e beneficios fiscais que as leis recoñezan a favor das asociacións que, como ASEIA, sexan declaradas de Utilidade Pública.
3. Acceder a Axudas e Subvencións específicas.
4. Asistencia xurídica gratuita.
Ademáis as persoas físicas e xurídicas que participen e colaboren económicamente con ASEIA veranse beneficiadas a nivel fiscal a través de deduccións con Facenda:
1. Personas Fisicas: deducirase no IRPF dos 150,00€ primeiros euros o 75% e do resto será o 30%.
2. Persoas Xurídicas: poderán deducir no Imposto de Sociedades o 35% do importe doado.