«PUNTO DE APOIO EMOCIONAL» para adolescentes entre 12 e 18 anos, e persoas coidadoras de nenas, nenos e adolescentes. Contacta no 622.245.545.

Comparte

O PAE continúa e amplía o proxecto iniciado no Servizo de Primeiros Auxilios Emocionais que ASEIA desenvolveu co inicio da pandemia pola COVID-19, tomando forma de servizo de atención permanente. Trátase dun servizo de primeiro recurso onde se proporciona un contexto de acompañamento profesional, no que a persoa demandante poida pór en coñecemento a súa problemática emocional co obxectivo final de recibir unha axuda adaptada ás súas necesidades, a través dun proceso de contención, orientación e derivación.

Para porse en contacto co PAE pódese facer deixando unha mensaxe de voz no teléfono 622.245.545, indicándonos o nome e teléfono de contacto. Tamén se pode facer enviando un whatsapp a este mismo teléfono ou un e-mail a aseia.galicia@gmail.com. O servizo funciona de luns a venres e darase resposta nun máximo de 24 horas.

Deja un comentario

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad