VI Xornadas: Parentalidades contemporáneas: Un proxecto de futuro
As VI Xornadas de ASEIA celebraranse en Vigo os días 22 e 23 de Marzo de 2019. Este ano baixo o título “Parentalidades Contemporáneas: Un proxecto de futuro” con programa dirixido tanto a profesionais da clínica, a educación e o social que traballan con infancia e adolescencia, como a nais e pais.
PONENTES:
– Carolina del Olmo. Filósofa E Directora de Publicacións do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Autora do libro “Dónde está mi tribu?. “Maternidad y crianza en una sociedad individualista”
– Jerónimo Bellido Pérez. Psicólogo Clínico. Sociólogo. Director do Instituto Wilhelm Reich Europa.
– Paloma Fernández Rasines. Profesora de Antropoloxía Social na Universidade Pública de Navarra.
– Ricardo Fandiño Pascual. Psicólogo Clínico. Presidente de ASEIA. Co-autor do libro “La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad”
– Vanessa Rodríguez Pousada. Psicóloga. Profesora colaboradora da Universitat Oberta de Catalunya. Co-autora do libro “La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad”
– Antón Mouriz. Coordinador de Manaia (Asociación Galega de Familias Adoptivas)
A xornada contará con talleres, mesas redondas e conferencias plenarias.
Abordaremos temas como a educación sexual na familia, as parentalidades compartidas, as novas masculinidades, os grupos de apoio parental, a parentalidade adoptiva ou a parentalidade de fillas/os con dificuldades.
TEMÁTICA
As maternidades e paternidades contemporáneas, merecen un espazo de reflexión compartida entre as/os profesionais, as nais e os pais. As parentalidades deben ser pensadas nunha realidade na que os modelos de familia tradicional disolvéronse nunha gran variedade de sistemas relacionais. Que é ser nais e pais hoxe?, Que hai de novo nas relacións entre as nais e os pais coas súas fillas/os?. Cales son os retos actuais para nais/pais e os profesionais que traballan con eles?. Desde ASEIA organizamos a nosa VI Xornada para analizar e comprender esta nova realidade.
Decía Bruno Bettelheim que non existen os pais perfectos, e iso é algo que debemos ter en conta. Os pais de hoxe en día educan aos seus fillos, ás veces, excesivamente sós, porque a nosa sociedade tende a estar moi atomizada. Os profesionais lanzamos moitos mensaxes sobre o que é convinte e non é convinte dacer, pero o que os pais necesitan é acompañamento no proceso de educar, que lles digan que as dúbidas e os seus medos forman parte da parentalidade e lles axuden a asumir a frustración de que os fillos no son como desexamos, e además é bo que sexa así.
A educación dos nenos e as nenas necesita ser tranquila, constante, comprometida e colectiva. Tranquila, porque na educación convén non apurarse demasiado e entender que os nenos teñen ritmos de desenvolvemento que ás veces non cumplen as nosas expectativas. Constante e comprometida porque debemos entender que na relación cos fillos todo educa, os desprazamentos en coche, as vacacións, as comidas familiares,.. non só educamos cuando decimos “agora vou educar ao meu fillo un rato”, senón que se educan na relación con nós, nas nosas presencias, e tamén nas nosas ausencias. E colectiva porque os fillos son educados en primeira instancia polos pais, é cierto, pero socialmente deben ser educados polos adultos, mestres, monitores de actividades, veciñasos, familiares, amigas. Todos os adultos deberíamos, de algunha maneira, estar implicados na educación das crianzas, e deberíamos facer unha alianza para iso.
PROGRAMA COMPLETO
VENRES 22 DE MARZO
17:30 – 20:00
Sala A: “Experiencia psicocorporal. Vivir e pensar en grupo a sensorialidade.”
David García Díez. Psicólogo. Psicoterapeuta de Integración Corpo-Mente. Director Instituto Wilhelm Reich Galicia.
Sala B: “A educación sexual das/os fillas/os. Verbas, silencios, actitudes, tópicos e cambio de paradigma.”
Vanessa Rodríguez Pousada. Psicóloga. Psicopedagoga. Membro da directiva de ASEIA e da Sociedade Galega de Sexoloxía.
Ricardo Fandiño Pascual. Psicólogo Especialista en Clínica. Psicoterapeuta de Integración Corpo-Mente. Especialista en adolescencia. Presidente de ASEIA.
Sala C: “Aprendendo sobre comunicación non verbal, tacto nutritivo e vínculos seguros”
Conchi Estévez. Enfermeira. Supervisora do servizo de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. Educadora en masaxe infantil.
SALA A e SALA B: Sede Afundación Policarpo Sanz 24-26
SALA C: Rúa Santiago nº9, 1º. (Preto de Paseo Alfonso XII)
SÁBADO 23 DE MARZO
9:30 Entrega documentación.
10:00 Mesa inaugural: Presenta: Eva Gil Rodríguez
“Criar sen tribo”
Carolina del Olmo. Filósofa. Autora de ¿Dónde está mi tribu? Maternidad y crianza en una sociedad individualista.
“As nenas e os nenos do futuro. Más aló do espellismo parental”
Ricardo Fandiño Pascual. Psicólogo Especialista en Clínica. Psicoterapeuta de Integración Corpo-Mente. Especialista en adolescencia.
11:45 Pausa- café.
12:15 Mesa Redonda:
Presenta: Karina Bacelar Pereira
Relatorios:
“A construción da maternidade e da paternidade na familia actual: os grupos de crecemento emocional-vivencial de nais e pais”
Joan de la Cruz Laguarda. Psicólogo. Especialista en intervención con familias.
“Corresponsabilidade parental e novas masculinidades”
Paloma Fernández Rasines. Profesora de Antropoloxía Social na Universidade Pública de Navarra.
14:00 Descanso-comida.
16:00 Mesa Redonda:
Presenta: Sarai Gómez Molina
Relatorios:
“A función de acompañar a nais e pais: momentos dunha vida”
Cristina Martínez Bernárdez. Psicóloga sanitaria en centro terapéutico-ocupacional Doral residencias. Psicoterapeuta especialista en infancia e adolescencia. Coordinadora de ASEIA en Vigo.
“A parentalidade adoptiva, pero, hai diferenza?”
Antón Mouriz Fernández. Coordinador da Asociación Manaia.
“A implicación da familia no proceso rehabilitador”
Aída Rosell Rodríguez. Psicóloga formada en Trastornos do Neurodesenvolvemento. Neuropsicóloga Clínica do servizo
de Neurorrehabilitación Pediátrica, Hospital Virgen del Consuelo (Valencia).
18:00 Descanso.
18:30 Conferencia clausura:
Presenta: Vanessa Rodríguez Pousada
Relatorio:
“A casa lugar do coñecemento incipiente vs a escola lugar da integración psico-emocional”
Jerónimo Bellido Pérez. Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica. Sociólogo. Psicoterapeuta de Orientación Reichana. Director do Instituto Wilhelm Reich Europa.
20:00 Fin das xornadas.
Resumo das actividades realizadas durante as VI Xornadas ASEIA Parentalidades contemporáneas: un proxecto de futuro
Nesta nova podes atopar resumo das actividades realizadas durante as VI Xornadas ASEIA Parentralidades contemporáneas: un proxecto de futuro, e imaxes das diferentres sesións e intervencións.
VI Xornadas ASEIA: Parentalidades contemporáneas: un proxecto de futuro
Estimadas/os amigas/os: Os próximos 22 e 23 de Marzo en Vigo ASEIA organiza as súas VI Xornadas baix o título “Parentalidades Contemporáneas: Un Proxecto de Futuro” dirixido a nais, pais e profesionais que traballan coa infancia e a adolescencia.
INSCRICIÓN
Socios/as ASEIA, estudantes, desempregados/as, MIR, EIR e PIR: 30€ (enviando acreditación). Cota Xeral: 45€
Ingreso en: IBAN: ES78 2100 2182 0402 0032 2335. La Caixa.
Inscrición:
Enviar: Nome, Apelidos, DNI, teléfono de contacto e profesión xunto co resgardo de ingreso a:
aseia.xornadas@gmail.com
Xunto a inscrición especificar a orde de preferencia de asistencia ós obradoiros.