Asemblea Xeral de socias de ASEIA- novembro 2025

Este pasado sábado 29 de novembro celebramos unha nova Asemblea Xeral Ordinaria da nosa Asociación. Fixemos un percorrido por todo o traballo feito neste 2025, un ano de intensa actividade e moi gratificante.

En ASEIA continuamos co noso desexo de mellorar a saúde emocional das infancias e adolescencias tratando de aglutinar os esforzos de tódolos ámbitos implicados: familiar, escolar e social.

ASEIA celebra eleccións a Xunta Directiva. Despois de 3 anos, Aseia vota nova Xunta Directiva, producíndose unha renovación dos/as seus membros/as.

Dende o mes de decembro de 2021, Aseia renova a súa Xunta Directiva. Deste xeito, os/as socios e socias da entidade escolleron a lista encabezada por Conchi Estévez, que foi nomeada nova Presidenta da asociación. Ricardo Fandiño será o Coordinador Xeral de Programas, Natalia Fernández é a Secretaria e Vanessa Rodríguez continúa como Tesoreira.

Comunicado sobre VII Xornadas

Vémonos na obriga de comunicar o aprazamento das VII Xornadas de ASEIA que estaban programadas para os días 24 e 25 de abril de 2020. A pandemia polo cononavirus COVID 19, as medidas administrativas que se están levando a cabo, e a situación social en xeral, fan recomendable este aprazamento á espera de que se den as condicións … Leer más

Non te perdas os seguintes capítulos de S.E.X. que se estrean o vindeiro 15 de febreiro e o 15 de marzo.

Sara, Edu e Xela, son S.E.X. continúan a falar de sexualidade na canle de Youtube e Instagram. A web serie foi realizada xunto coas compañeiras da produtora Illa Bufarda, co apoio da Deputación de A Coruña e a Fundación Paideia, contando co aval da Sociedade Galega de Sexoloxía. Podedes seguila pinchando nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/sexwebserie … Leer más

Xornada de formación interna con MANAIA

Agradecemos a Manaia (Asociación Galega de Adopción e Acollemento familiar) a formación impartida o pasado sábado 14 de setembro no local de Aseia en Ourense, sobre adopción e acollemento familiar dirixida aos membros da nosa asociación. Esperamos continuar con este tipo de colaboracións no futuro xa que son espazos moi enriquecedores de intercambio de coñecementos … Leer más

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad