
Este pasado sábado 29 de novembro celebramos unha nova Asemblea Xeral Ordinaria da nosa Asociación. Fixemos un percorrido por todo o traballo feito neste 2025, un ano de intensa actividade e moi gratificante.
En ASEIA continuamos co noso desexo de mellorar a saúde emocional das infancias e adolescencias tratando de aglutinar os esforzos de tódolos ámbitos implicados: familiar, escolar e social.

