Qué é ASEIA?
ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias..
Fins de ASEIA
- A promoción da Saúde Emocional e Mental na Infancia e na Adolescencia en Galicia.
- A Prevención de problemáticas emocionais e mentais na poboación infanto-xuvenil..
- A Intervención Terapeútica sobre problemáticas relacionadas ca Saúde emocional e mental con nenos, adolescentes e as súas familias..
- A Formación de profesionais nestas áreas
Valores de ASEIA
- Atención integral á saude emocional e mental de nenos, adolescentes e as súas familias
- Compromiso ca comunidade
- Actuación ética e respetuosa cas personas
- Xestión participativa e interdisciplinaria
- Carácter emprendedor, tenaz, pionero e innovador
- Rigor e coñecemento científico
Actividades de ASEIA
- Proxectos de investigación sobre a saúde emocional e mental na infancia e na adolescencia e os modelos de intervención na mesma.
- Actividades de divulgación científica.
- Actividades relacionadas ca prevención no eido da saúde emocional na infancia, adolescencia e as súas familias.
- Intervención en contextos terapeúticos nos que se traballa na promoción da saúde emocional con nenos, adolescentes e as súas familias.
- Formación de profesionais para o traballo no eido da saúde emocional infanto-xuvenil.
Estratexia
- Xerar un equipo de profesionais competente e motivado, que favorezca a innovación asistencial e a difusión do coñecemento científico.
- A línea teórica e metodolóxica que sustenta e fundamenta a nosa práctica asistencial está basada no paradigma biopsicosocial de integración corpo-mente, e as diferentes teorías de inspiración psicodinámica
- ASEIA baséase nunha intervención terapéutica de orientación reichiana, integrando os aspectos afectivos, emocionais, interaccionais, de intervención institucional e métodos analíticos e psicocorporais, que poden integrarse a partir dunha metateoría común
