II Xornadas: Adolescentes en conflito: un reto para os/as profesionais.
O 27 de xuño de 2015, organizado por ASEIA, celebrouse en Ourense a “II Xornada de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia. Adolescentes en conflito: un reto para os/as profesionais”.
A xornada desenvolveuse no Centro Cultural Marcos Valcarcel e contou co apoio na súa organización da Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, a Concellería de Turismo de Ourense, o Instituto WilhelmReich Europa e Trébore S.L.
A xornada tivo a asistencia de 70profesionais de diferentes perfiles: psiquiatras, psicólogos, educadores sociais, traballadores sociais, mestres, xuíces de menores.
O traballo con adolescentes en conflito supón un gran reto para os profesionais que dende os eidos clínico, xurídico, educativo e/ou social deben situarse como referentes e facilitadores dunha evolución positiva. ¿Cal é a realidade contemporánea dos adolescentes en conflito? ¿Dende que paradigmas podemos entender a relación profesional con eles? ¿Cales son os enfoques metodolóxicos dende os que afrontar o traballo? ¿Cal é
a formación e as ferramentas que como profesionais necesitamos?
A II Xornada de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia. Adolescentes en conflito: un reto para os/as profesionais foi acreditada como Actividade de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.