Programa Alento 2014

Comparte

O «Programa ALENTO» de Atención de Dia para Menores en situación de Exclusión Social, que desenvolve ASEIA, recibiu o apoio da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia a través da súa Convocatoria de Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

Este programa está dirixido a adolescentes que se atopan en situación de exclusión social e necesitan dun contexto no que recibir apoio e intervención profesional por parte de especialistas, de Acompañamento Educativo – Terapéutico, de Inserción Socio-Laboral, de Psicoterapia Individual, Grupal e Apoio Familiar, e de Mediación e Xestión de Conflitos.

Trátase dun proxecto que pretende favorecer a transición entre a adolescencia e a vida adulta, dotando aos/ás adolescentes en situación de exclusión social, de recursos para xestionar a súa vida, a través dunha intervención especializada que ten en conta as súas necesidades reais como suxeitos dunha biografía problematizada, e como cidadáns/ás con aspiracións e dereito a un proceso de inclusión normalizador.

O apoio da Dirección Xeral de Familia e Inclusión supón un importante impulso para este apaixonante proxecto de ASEIA.

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.    Ver
Privacidad