O vindeiro venres 24 de marzo, de 16:30 a 19:30 h, terá lugar o encontro formativo on-line organizado por Aseia, no que contaremos coa participación do noso compañeiro e experto Ricardo Fandiño Pascual, Doutor pola Universidad de Vigo, Psicólogo Clínico e Coordinador Xeral de ASEIA.
A emerxencia das TRICs (Tecnloxías da relación, información e comunicación) supuxo un cambio paradigamático na infancia e adolescencia, xa que resulta determinante na construcción da súa identidade. Podería decirse que os nenos e neas, e adolescentes, non “están” en internet, senón que “son” en internet. ¿Cales son as implicacións psicolóxicas desta nova normalidade? ¿Dende que lugar nos debemos de situar os adultos e adultas para acompañar ás infancias e adolescencias no mundo de hoxe? Destas e outras cuestións, tratará a próxima formación on-line (a través de Zoom), organizada por ASEIA. Non dubides en inscribirte canto antes, as prazas son limitadas.
Tes toda a información no seguinte cartaz:
- (Grabación dispoñible ata o día 05 de abril).